Innovación, Emprendemento e transferencia de coñecemento

Programa AddVenture

O Consello Social da Universidade da Coruña (UDC) e a joint venture Sngular TeamLabs, froito da alianza entre o laboratorio de aprendizaxe radical TeamLabs e o ecosistema dixital Sngular, uníronse para desenvolver, durante o primeiro semestre de 2021, un programa de fomento do emprendemento aplicado ao sector TIC.

O Consello Social da Universidade da Coruña e a unión de empresas (joint venture) Sngular TeamLabs, froito da alianza entre o laboratorio de aprendizaxe radical TeamLabs e o ecosistema dixital Sngular, uníronse para desenvolver, durante o primeiro semestre de 2021, un programa de fomento do emprendemento aplicado ao sector TIC.

O devandito programa, que se desenvolverá de forma virtual e con encontros presenciais, está enfocado á xente nova que acaba de obter o seu título universitarios microempresas, profesionais e traballadores autónomos, tanto da Coruña como de Ferrol, que pretendan levar a bo porto unha idea de negocio, ou que decidisen redefinir a súa estratexia empresarial, apoiándose de maneira intensiva no uso das TIC, para lles facer fronte ás novas dinámicas xeradas pola pandemia e/ou aproveitalas.

O programa facilítalles aos participantes unha experiencia formativa colaborativa e intensiva que constitúen asesorías personalizadas dedicadas ao desenvolvemento dos proxectos, útiles para lograr impulsar un proxecto empresarial.

Para atinxir este obxectivo, o programa conta coa participación de expertos en innovación, emprendemento, comercio electrónico (e-commerce) e transformación dixital. Aplícase unha metodoloxía baseada, fundamentalmente, en sesións de traballo en equipo, que permiten aos participantes adestrar competencias clave para liderar e emprender con enfoque corporativo e en contornas de incerteza.

O programa conta, ademais, con sesións técnicas sobre innovación en modelos de negocio, financiamento ou creación do comercio electrónico, entre outras, que lle facilitarán ao alumnado ferramentas e recursos para levar adiante os seus proxectos.

Ao finalizar este programa de duración de dous meses, e 265 horas totais de dedicación, 155 horas de capacitación e 110 de traballo en proxectos, os participantes lograrían definir e validar un modelo de negocio, unha proposta de valor, unha estratexia de e- commerce, e unha proposta de marketing dixital. Ademais, dominarán o uso de ferramentas que lles permitirán optimizar procesos e acceder a financiamento externo.

Espazo 2.0