Sustentabilidade, Internacionalización e Inclusión

Programa de axudas para estadías predoutorais

destinos-estancias-predoctorales-ayudas-inditex-udc
Destinos durante o período 2013-2019.

O Programa de axudas para estadías predoutorais Inditex-UDC, desenvólvese desde 2013 ao amparo do convenio de colaboración entre a UDC e Inditex para a internacionalización dos estudos de doutoramento. Este programa financia estadías predoutorais de investigación en universidades e centros de investigación no estranxeiro dun mínimo de tres meses de duración, co obxectivo de complementar a formación doutoral dos estudantes e permitir que poidan obter a Mención de Doutoramento Internacional.

Desde a súa posta en marcha, un total de 201 estudantes dos programas de doutoramento da UDC puideron realizar unha estadía no estranxeiro. Só en 2019 realizaron estadías financiadas a cargo deste programa un total de 28 estudantes, cunha representación moi equitativa de todas as ramas de coñecemento dos programas de doutoramento da UDC. Os centros de destino elixidos polos estudantes en 2019 cubriron un total de 11 países, cunha presenza maioritaria daqueles que teñen unha longa traxectoria á cabeza da xeración de coñecemento (EEUU, Reino Unido, Francia e Alemaña).

O Programa de axudas para estadías predoutorais Inditex-UDC ten unha gran incidencia na promoción do talento e na internacionalización dos estudos de doutoramento da UDC. Contribuíu, en particular, a que a taxa de teses defendidas na UDC que obteñen a mención internacional haxa pasado de valores do 23-26% en 2013-2016 a roldar o 40% nos dous últimos anos computados ata a data (2018 e 2019).

O Consello Social da Universidade da Coruña participou activamente no Comité de Deseño, Implantación e Impulso da estratexia de fundraising do Programa de Axudas para Estancias Predoctorales e está representado na súa Comisión de Seguimento.