De conformidade coa normativa estatal e universitaria vixente, o Consello Social da UDC está representado, a través dos seus membros, no Consello de Goberno da UDC, e nos órganos de goberno da Fundación Universidade da Coruña, e da Fundación Parque Tecnolóxico Río do Pozo. O Consello Social da UDC é membro, ademais, da Conferencia de Consellos Sociais das Universidades Españolas (CCS).
No seu afán de promover a colaboración entre a universidade e a sociedade, o Consello Social da UDC mantén, a través do seu presidente, contacto periódico cos grupos de interese da Universidade da Coruña, fomentando encontros con representantes do tecido empresarial, político, social e cultural de Galicia.
No ámbito da Universidade, D. Antonio Abril Abadín, presidente do Consello Social da Universidade da Coruña, preside tamén a Conferencia de Consellos Sociais das Universidades Españolas. É membro da Comisión Executiva da Cámara de Comercio de España e do Padroado da Fundación Coñecemento e Desenvolvemento (CyD) e, en tal condición, preside nas devanditas institucións a Comisión Universidade-Empresa e a Comisión de Documentos e Proxectos respectivamente. É tamén membro do Padroado da Fundación Gadea pola Ciencia.