Reunión da Comisión de Asuntos Económicos

Reunión da Comisión de Asuntos Económicos

A Comisión de Asuntos Económicos, Financeiros e Patrimoniais do Consello Social da Universidade da Coruña reuniuse o pasado 14 de abril de 2016, no exercicio das competencias de control e supervisión das actividades económicas da universidade que ten atribuidas, para analizar a execución do Plan de Financiamento do Sistema Universitario Galego 2016-2020, así coma o anteproxecto de orzamentos e o plano operativo anual da Universidade da Coruña correspondentes ao exercicio 2016.

Durante a reunión, a Universidade proporcionou información sobre os avances na confección da liquidación orzamentaria relativa a 2015 e sobre a creación da empresa de base tecnolóxica “LAPPA, SL”. A institución académica informou sobre a Sentencia da Audiencia Nacional, de 18 de febreiro de 2016, pola que se estima o recurso contencioso-administrativo presentado pola UDC contra a resolución do tribunal Económico Administrativo Central, de 16 de setembro de 2016, relativa á devolución das cuotas do IVE soportadas pola Universidade, pola execución de proxectos de investigación básica durante o exercicio 2010.

Comparte este artículo

Arquivos