Reunión da Comisión de Asuntos Económicos

Reunión da Comisión de Asuntos Económicos

A Comisión de Asuntos Económicos, Financeiros e Patrimoniais do Consello Social da Universidade da Coruña reuniuse o pasado 5 de noviembre de 2015, no exercicio das competencias de control e supervisión das actividades económicas da Universidade que ten atribuidas, para analizar a liquidación do orzamento e as contas correspondentes ó exerecicio económico 2014, aprobadas polo Consello de Goberno na sesión celebrada o pasado 27 de outubro de 2015.

Durante a reunión, a Universidade proporcionou, ademais, información sobre a execución orzamentaria correspondente ó exercicio 2015 e sobre o Plan Financeiro do Sistema Universitario Galego 2016-2020, aprobado recentemente pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Comparte este artículo

Arquivos