Reunión da Comisión Permanente de Asuntos Económicos, Financeiros e Patrimoniais

A Comisión Permanente de Asuntos Económicos, Financeiros e Patrimoniais do Consello Social reuniuse o pasado 20 de abril para analizar a liquidación orzamentaria e as contas anuais do exercicio 2015, aprobadas polo Consello de Goberno da Universidade da Coruña.

Nesta primeira reunión trimestral de seguimento, a Xerencia e a Vicerreitoría de Economía, Infraestuturas e Sostibilizade informaron ao Consello Social, ademais, sobre o estado da execución orzamentaria durante o segundo trimestre de 2017.

A Comisión Permanente de Asuntos Económicos, Financeiros e Patrimoniais do Consello Social é un órgano colexiado que se reúne periódicamente a fin de estudar, deliberar e realizar propostas ao Pleno ou á Comisión Executiva relativas a materias de carácter económico, financiero e patrimonial.

Comparte este artículo