O reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde Alonso, e o presidente do Consello Social, Antonio Abril Abadín, mantiveron o pasado venres unha xuntanza de traballo na sede da entidade social no CUR.
Abalde explicoulle a Abril o seu desexo de potenciar o coñecemento da Universidade por parte da sociedade para o que considera vital contar co apoio do Consello Social. Pola súa parte, o presidente concordou con esta premisa e amosou a súa disposición para traballar conxuntamente en estreitar lazos de colaboración entre sociedade e universidade a prol da universidade pública en materias de responsabilidade social, transferencia e financiamento, entre outras.
Tanto o reitor como o presidente manifestaron a súa intención de seguir cos proxectos conxuntos xa en marcha, así como de afondar na liña de colaboración entre as dúas institucións con novas iniciativas que se irán concretando nos próximos meses.
Descargue aquí a nota pública emitida desde a UDC.