Reunión do Pleno do Consello Social da UDC

O Pleno do Consello Social da Universidade da Coruña reuniuse en sesión ordinaria o pasado 10 de novembro de 2015 na sede da Vicerreitoría do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social.

Durante a reunión, o Pleno revisou o Plano Operativo anual do Consello Social e levouse a cabo a presentación da páxina web institucional do Consello Social da UDC. Ademais, durante a sesión, informouse sobre a liquidación do orzamento e das contas anuais da Universidade da Coruña correspondentes ao exercicio económico de 2014, que serán aprobadas no vindeiro Pleno, previsto para o 16 de decembro de 2015.

Comparte este artículo