Reunión do Pleno do Consello Social da Universidade da Coruña

Reunión do Pleno do Consello Social da Universidade da Coruña

O Pleno do Consello Social da Universidade da Coruña reuniuse en sesión ordinaria o pasado 16 de decembro de 2015. Trala aprobación do acta do Pleno anterior, celebrado o 10 de novembro de 2015, procedeuse a aprobar a liquidación do orzamento e das contas anuais da UDC correspondentes ao exercicio económico 2014. A UDC informou, ademais, da prórroga dos orzamentos correspondentes a 2015.

Durante a sesión, tivo lugar a probación de modificacións puntuais da Relación de Postos de Traballo (RPT) do PAS funcionario da UDC e da creación da empresa de base tecnolóxica “Terravanza, Gabinete de Estudos Territoriais Avanzados, SL”. Ademais, durante o Pleno, aprobáronse as tarifas do Servizo de Apoio á Investigación e o calendario de plenos do Consello Social para o exercicio 2016.

Don Julio Abalde Alonso, reitor electo da UDC, foi invitado a asistir a esta reunión do Pleno, a primeira celebrada tralas eleccións do 3 de decembro de 2015.

Comparte este artículo

Arquivos