Reunión do Pleno do Consello Social da Universidade da Coruña

Reunión do Pleno do Consello Social da Universidade da Coruña

O Pleno do Consello Social da Universidade da Coruña reuniuse en sesión ordinaria o pasado 21 de abril de 2016. Trala aprobación do acta do Pleno anterior, celebrado o 16 de decembro de 2015, procedeuse a aprobar o anteproxecto de orzamento e o Plano Operativo Anual da Universidade da Coruña para o exercicio 2016, así como a contratación da auditoría para o exame das contas correspondentes a 2015.

Durante a sesión, tivo lugar tamén a aprobación da creación da empresa de base tecnolóxica Lappa S.L. e da asignación do complemento autonómico ao recoñecemento da labor docente investigadora da UDC. Ademais, durante o Pleno, levouse a cabo a designación de mebros das comisións permanentes do Consello Social da Universidade da Coruña e a aprobación da memoria do Consello Social correspondente ao exercicio 2014.

Finalmente, a institución académica informou aos asistentes sobre os convenios aprobados en Consello de Goberno.

Comparte este artículo

Arquivos