Reunión ordinaria do pleno do Consello Social da UDC

Reunión ordinaria do pleno do Consello Social da UDC

O pleno do Consello Social recibiu, na súa reunión de onte, información detallada das liñas estratéxicas do Plan de Financiamento do Sistema Universitario de Galicia (2016-2010), así como do estado de execución orzamentaria do segundo trimestre de 2016.

Ademais deste punto, no pleno aprobáronse modificacións de graos, mestrados e da implantación dun doutoramento; modificación de prezos dos títulos propios da UDC e das tarifas do Servizo de Apoio á Investigación; e a asignación dun complemento autonómico por cargos de xestión e por excelencia curricular docente e investigadora. Nesta sesión foi aprobada tamén a Memoria de Actividades do Consello Social do 2015.

 

Comparte este artículo