Innovación, Emprendimiento y transferencia de conocimiento

A xestión do talento ante a nova era dixital

Xornada Fomento da innovación

O Paraninfo da Reitoría da Universidade da Coruña acolleu a xornada ‘A xestión do talento ante a nova era dixital’, organizada polo Consello Social da UDC no marco do seu compromiso coa innovación, a investigación e o emprego das novas tecnoloxías no ámbito da Educación Superior.

O acto de apertura da xornada contou coa participación do reitor da UDC, Julio Abalde Alonso; o presidente do Consello Social, Antonio Abril Abadín; e o vicerreitor de Política Científica, Investigación e Transferencia, Salvador Naya Fernández, que destacaron a importancia da profesionalización e posta en valor do talento dos estudantes e egresados universitarios a través das novas plataformas dixitais. Neste sentido, o reitor da institución académica subliñou que “sería impensable que o currículo de calquera alumno puidésese levar a cabo sen ter en conta as redes sociais”.

O presidente do Consello Social, pola súa banda, fixo fincapé na importancia da Universidade na formación do talento das persoas. “Agora máis que nunca, nesta era dixital, resulta evidente que o cambio de modelo que ten que facer a economía española, xerando produtos e servizos competitivos nunha sociedade do coñecemento global, só se pode realizar a través do emprendemento baseado na investigación e na innovación. E neste proceso de xeración de valor teñen que estar as universidades”, engadiu.