Os grupos de investigación da UDC máis competitivos no eido da investigación, a transferencia de coñecemento, a obtención de financiamento e a contribución á internacionalización da Universidade son os destinatarios da categoría Impulso UDC, que na convocatoria dos Premios Consello Social 2018/2019 pechou o seu prazo de inscrición cun total de trece candidaturas.
Preto do 50% das solicitudes presentadas á categoría Impulso UDC, seis do total de trece rexistradas, pertencen a grupos de investigación adscritos á Facultade de Informática. Os sete grupos restantes teñen como sede do seu traballo en materia de investigación a Facultade de Ciencias, a de Economía e Empresa, a de Dereito, a de Ciencias da Saúde, a de Filoloxía, o Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñaría Civil (CITEEC) e o Centro de Investigacións Científicas Avanzadas (CICA).
Así, o Consello Social da UDC rexistrou as candidaturas dos grupos de Bioloxía Costeira; Modelización, Optimización e Inferencia Estatística; Arquitectura de Computadores; RNASA-IMEDIR; Jean Monnet de Competencia e Desenvolvemento Rexional na Unión Europea; Criminoloxía, Psicoloxía Xurídica e Comunicacións; Visión Artificial e Recoñecemento de Patróns; Lingua e Sociedade da Información; e Laboratorio e Bases de Datos.
Ligazón ao grupo candidatos