Unha década da relación Inditex-UDC

Unha década da relación Inditex-UDC

A relación da Universidade da Coruña con Inditex propiciou fai máis dunha década a creación da Cátedra Inditex-UDC de Sustentabilidade, promovida en execución do acordo de colaboración asinado por ambas as entidades para o fomento da responsabilidade social universitaria, baixo a coordinación do Consello Social da UDC en calidade de órgano de participación da sociedade na universidade.    

Un convenio de colaboración subscrito o 10 de marzo de 2010 co obxectivo de posicionar de maneira estratéxica á UDC no ámbito da responsabilidade social, a innovación social e a sustentabilidade a través da realización dunha serie de actividades. Todas elas dirixidas a fomentar un espazo de reflexión na comunidade e potenciar a formación académica, a investigación aplicada e a divulgación destas áreas de coñecemento para a súa implantación nas organizacións: administracións públicas, empresas, universidades e entidades sen ánimo de lucro.  

Esta cátedra universidade-empresa, pioneira entre as universidades españolas, é un dos exemplos máis exitosos do avance que pode supoñer para a sociedade e a contorna universitaria a tan necesaria e irrenunciable colaboración universidade-empresa. Potenciar a colaboración universidade-empresa é unha das liñas estratéxicas prioritarias que persegue o Consello Social da Universidade da Coruña e pola que traballa incansablemente o presidente do Consello Social da UDC e presidente da Conferencia de Consellos Sociais das Universidades Españolas, Antonio Abril Abadín.  

A Cátedra foi o primeiro paso cara á creación dun programa de colaboración Inditex-UDC moito máis amplo. A día de hoxe forman parte deste programa:

– o Programa InTalent, para captación internacional de investigadores excelentes, creado en 2016. A súa finalidade é a contratación de investigadores posdoutorais apostando pola xeración, recuperación e retención do talento en Galicia.  

– o Programa de Axudas para Estancias Predoutorais Inditex-UDC, creado en 2013. Promove o talento a través da internacionalización dos estudos de doutoramento en universidades e centros de investigación cun mínimo de tres meses de duración.   

Cátedra Inditex UDC: Formación e divulgación en materia de sostenibilidad

A Cátedra Inditex-UDC puxo en marcha o Curso de Especialización en Sustentabilidade e Innovación Social (CESIS), que formou ata o momento a 315 alumnos e alumnas e que este ano clausurou a súa undécima edición. Unha das actividades enmarcadas neste peche de curso é a conferencia impartida por o Dr. Robert W. Livingston, profesor de a  Harvard Kennedy School e referente en materia de diversidade e inclusión social formando a líderes de organizacións mundiais.  

Esta sesión, celebrada no Paraninfo do Reitorado da Universidade da Coruña, puxo tamén o broche de ouro ao Ciclo de Conferencias En Código Aberto 2021/2022. Este foro de encontro é unha das accións referentes en materia de divulgación en sustentabilidade e responsabilidade social no que participaron uns 30 profesionais expertos e personalidades destes ámbitos ao longo desta década.  

O acto estivo presidido polo reitor da UDC, Julio Abalde, quen trasladou o agradecemento da institución académica coruñesa a Inditex S.A. e o seu recoñecemento ao labor de impulso fundacional e dirección estratéxica desempeñada polo Presidente do Consello Social da Universidade da Coruña, Antonio Abril Abadín, no marco da Cátedra.  

O director de Sustentabilidade de Inditex, Javier Losada, puxo en valor o traballo realizado polo equipo de goberno, o staff do Consello Social da UDC e o equipo humano da Cátedra Inditex-UDC que representa unha iniciativa extraordinaria de transferencia de coñecemento.  

Livingston aborda os retos da diversidade  

Baixo o título «Comprendendo os beneficios e retos da diversidade», o Dr. Rober W. Livingston, gañador do Premio Warren Bennis 2020 ao mellor artigo sobre liderado publicado na Harvard Business Review baixo o título  How to Promote Racial Equity in the Workplace, profundou no seu innovador enfoque para combater o racismo.

Un aspecto que detalla no seu libro The Conversation: How Seeking and Speaking the Truth about Racism Can Radically Transform Individuals and Organisations, publicado en 2021, seleccionado como Mellor Libro do ano polo Financial Times e nomeado como “obra literaria sobresaliente” pola NAACP (Asociación Nacional Americana para o Avance da Xente de Cor).  

O Dr. Livingston é psicólogo social e un dos principais expertos de Estados Unidos na ciencia que subxace ao nesgo e o racismo nas organizacións. Ademais de traballar como profesor universitario, durante o últimos vinte anos desempeñou labores como consultor en materia de diversidade para decenas de empresas da lista Fortune 500, axencias do sector público e entidades sen ánimo de lucro. 

Comparte este artículo

Arquivos