Universidad, Santander y Fundación Universia consolidan Espazo Compartido

Universidad, Santander y Fundación Universia consolidan Espazo Compartido

El rector de la Universidade da Coruña, Julio Abalde Alonso; el presidente de Santander Universidades, Matías Rodríguez Inciarte; el presidente del Consello Social da UDC, Antonio Abril Abadín; y la directora de la Fundación Universia, Sonia Viñas, firmaron esta mañana el convenio de colaboración que consolida el programa de formación sociolaboral para personas con discapacidad cognitiva Espazo Compartido.

Espazo Compartido es un programa de formación básica y para el empleo para personas con una discapacidad cognitiva superior al 33%, mayores de edad, que no tienen acceso a la universidad.
El rector justificó la puesta en marcha de esta iniciativa en que «como universidad pública debemos ir más allá de nuestras responsabilidades académicas y de investigación y ser partícipes del avance social» y recordó así mismo que Espazo Compartido se implantó en los peores años de la crisis económica, especialmente adversa en la UDC, lo que «viene a demostrar el compromiso de la Universidade da Coruña con la construcción de una sociedad más inclusiva y más justa». Rodríguez Inciarte señaló que esta iniciativa «es un magnífico ejemplo de cómo la UDC puede contribuir al progreso de las personas y de la sociedad» y reiteró el compromiso del Grupo Santander de «continuar trabajando por la plena inclusión educativa de los jóvenes con discapacidad».

Abril Abadín manifestó el interés del Consello Social que preside, así como de la Conferencia de Consejos Sociales, en el proyecto Espazo Compartido porque «es un ejemplo de colaboración público-privada y porque Espazo Compartido es una muestra del compromiso de una institución pública de educación superior por la responsabilidad social». Por su parte, Viñas subrayó que «estamos orgullosos de continuar formando parte de este proyecto que impulsa la empleabilidad y el desarrollo de personas con discapacidad cognitiva, al tiempo que contribuye a generar un entorno universitario abierto e inclusivo».

Plan de estudios

Las materias impartidas en Espazo Compartido incluyen Desarrollo personal, Matemáticas, Habilidades laborales básicas, Iniciación a las TIC, Ofimática e Internet, entre otras. Las clases se imparten en diversos centros del Campus de Elviña. El programa incluye también talleres de formación transversal como Robótica, Fotografía. Música, Identidad Digital, Baloncesto o un Club de Lectura, entre otras propuestas. El alumnado, además, tiene que realizar un período de prácticas profesionales, según explicó esta mañana la vicerrectora del Campus de Ferrol y de Responsabilidad Social, Araceli Torres, directora académica de Espazo Compartido.

Resultados

La vicerrectora informó de los resultados del curso pasado, en el que hubo veinte solicitudes para quince plazas. Torres explicó que además del programa de clases y del Practicum, el proyecto ofrece varios servicios de apoyo, como asesoramiento y orientación al alumnado y a sus familias, tutorías académicas y coordinación con profesionales externos. Para atender todas estas necesidades, la Universidad cuenta con un equipo, coordinado por el profesor Sergio Santos del Riego, formado por profesionales de Psicopedagogía, Terapia Ocupacional, Logopedia y Psicología. Finalizado el curso pasado, la valoración que hace el alumnado del programa es de 4,6 puntos de un máximo de 5, en una encuesta realizada de forma anónima. El estudiantado le dio una puntuación de 4,4 al ítem de «el programa me ayuda en mi proyecto de vida», y de 4,5 a «me gusta estudiar en la universidad». Así mismo, otorgan una puntuación muy alta, de 4,6, a «me siento más independiente».

La valoración de las familias es también sobresaliente, un 4,25 sobre 5, en el grado de satisfacción con el funcionamiento general del programa y de 4,6 en «impacto del programa en la vida de mi hijo/a». «El programa se adapta a las necesidades de mi hijo/a» recibe una nota de 4,37 y «el programa mejorará la inserción laboral» alcanza una puntuación de 4,31.

El origen del Programa

La Universidade da Coruña puso en marcha en el año 2013 el proyecto Espazo Compartido por iniciativa del Vicerrectorado del Campus de Ferrol y Responsabilidad Social y del Consello Social, como una experiencia piloto, para formar dentro de la universidad a personas con discapacidad intelectual que no tienen acceso a las aulas universitarias. Este proyecto, pionero en el Sistema Universitario Gallego y uno de los primeros en el sistema español, es una firme apuesta de la UDC por la inclusión de las personas con discapacidad cognitiva en la universidad.

El proyecto se puso en marcha a través de la Unidad de Atención a la Diversidad de la UDC, con el patrocinio de Santander Universidades y la Fundación Universia que ahora se consolida. En su desarrollo colabora además el Consello Social de la Universidade da Coruña. El éxito de la iniciativa hizo que en 2014 se ampliase a formación planteada en principio en un año, a un segundo curso más con la inclusión de prácticas laborales. Al año siguiente se amplió la formación un tercero más, realizando un período de prácticas en empresas más amplio. En el año 2016 se dio por finalizada la etapa piloto y se planteó el programa formativo estable con una duración de dos cursos académicos.

 

Comparte este artículo

Archivos

Universidade, Santander e Fundación Universia consolidan Espazo Compartido

O reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde Alonso; o presidente de Santander Universidades, Matías Rodríguez Inciarte; o presidente do Consello Social da UDC, Antonio Abril Abadín; e a directora da Fundación Universia, Sonia Viñas, asinaron esta mañá o convenio de colaboración que vén a consolidar o programa de formación sociolaboral para persoas con discapacidade cognitiva Espazo Compartido.

Espazo Compartido é un programa de formación básica e para o emprego para persoas cunha discapacidade cognitiva superior ao 33%, maiores de idade, que non teñen acceso á universidade.
O reitor xustificou a posta en marcha desta iniciativa en que “como universidade pública debemos ir máis alá das nosas responsabilidades académicas e de investigación e ser partícipes do avance social” e lembrou así mesmo que Espazo Compartido implantouse nos peores anos da crise económica, especialmente adversa na UDC, o que “vén a demostrar o compromiso da Universidade da Coruña coa construción dunha sociedade máis inclusiva e máis xusta”. Rodríguez Inciarte sinalou que esta iniciativa “é un magnífico exemplo de como a UDC pode contribuír ao progreso das persoas e da sociedade” e reiterou o compromiso do Santander de “continuar traballando pola plena inclusión educativa das persoas novas con discapacidade”.
Abril Abadín manifestou o interese do Consello Social que preside no proxecto Espazo Compartido porque “é un exemplo de colaboración público-privada e porque Espazo Compartido é unha mostra do compromiso dunha institución pública de educación superior pola responsabilidade social”. Pola súa parte, Viñas subliñou que “estamos orgullosos de continuar formando parte deste proxecto que impulsa a empregabilidade e o desenvolvemento de persoas con discapacidade cognitiva, ao tempo que contribúe a xerar un contorno universitario aberto e inclusivo”.

Plan de estudos

As materias impartidas en Espazo Compartido inclúen Desenvolvemento Persoal, Matemáticas, Habilidades Laborais Básicas, Habilidades Sociais, Habilidades de Comunicación, Iniciación ás TIC, Ofimática e Internet, entre outras. As clases impártense en diversos centros do Campus de Elviña. O programa inclúe tamén talleres de formación transversal como Robótica, Fotografía, Música, Identidade Dixital, Baloncesto ou un Club de Lectura, entre outras propostas. O alumnado ademais ten que realizar un período de prácticas profesionais, segundo explicou esta mañá a vicerreitora de Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, Araceli Torres, directora académica de Espazo Compartido.

Resultados

A vicerreitora de RS informou dos resultados do curso pasado en que houbo vinte solicitudes para quince prazas. Torres explicou que ademais do programa de clases e do prácticum, o proxecto ofrece varios servizos de apoio, como asesoramento e orientación ao alumnado e ás súas familias, titorías académicas e coordinación con profesionais externos. Para atender todas estas necesidades, a Universidade conta cun equipo, coordinado polo profesor Sergio Santos del Riego, formado por profesionais da Psicopedagoxía, Terapia Ocupacional, Logopedia e Psicoloxía. Finalizado o curso pasado, a valoración que fai o alumnado do programa é de 4,6 puntos dun máximo de 5, nunha enquisa realizada de forma anónima. O estudantado deulle unha puntuación de 4,4 ao ítem de “O programa axudarame no meu proxecto de vida”; e de 4,5 a “Gústame estudar na universidade”. Así mesmo, outorgan unha puntuación moi alta, de 4,6 a “Síntome máis independente”.

A valoración das familias é tamén sobresaliente, un 4,25 sobre 5 no grao de satisfacción co funcionamento xeral do programa; e de 4,62 a “Impacto do programa na vida do meu fillo/a”. “O programa adáptase ás necesidades do meu fillo/a” recibe unha nota de 4,37 e “O programa mellorará a inserción laboral” acada unha puntuación de 4,31.

A orixe do Programa

A Universidade da Coruña puxo en marcha no ano 2013 o proxecto Espazo Compartido por iniciativa da Vicerreitoría do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social e do Consello Social, como unha experiencia piloto, para formar dentro da universidade ás persoas con discapacidade intelectual que non teñen acceso ás aulas universitarias. Este proxecto, pioneiro no Sistema Universitario Galego e un dos primeiros no sistema español, é unha firme aposta da UDC pola inclusión das persoas con discapacidade cognitiva na universidade.

O proxecto púxose en marcha a través da Unidade de Atención á Diversidade da UDC, co patrocinio de Santander Universidades e a Fundación Universia que agora se consolida. No seu desenvolvemento colabora ademais o Consello Social da Universidade da Coruña. O éxito da iniciativa fixo que en 2014 se ampliase a formación plantexada en principio nun ano, a un segundo curso máis coa inclusión de prácticas laborais. Ao ano seguinte ampliouse a formación un terceiro máis, realizando un período de prácticas en empresas máis amplo. No ano 2016 deuse por finalizada a etapa piloto e plantexouse o programa formativo estable cunha duración de dous cursos académicos.

Comparte este artículo