Programa Laboralia 2017: Future jobs

LABORALIA FUTURE JOBS é unha xornada formativa dirixida a estudantes, titulados universitarios, familias e profesionais da educación interesados en coñecer as novas tendencias do mercado laboral marcadas polo progreso tecnolóxico e dixital da sociedade.

Esta edición especial de Laboralia, á que podes inscribirte aquí, terá lugar o 15 e 16 de xuño de 2017 en horario de 9.00 a 14.00 horas no Salón de Actos do Centro Universitario de Riazor, emprazado na sede do Consello Social da Universidade da Coruña.

Laboralia 2017 contará coa participación de profesionais españois e iberoamericanos en activo que traballan ou coñecen de primeira man a realidade de sectores industriais altamente dixitalizados que na actualidade están emerxendo como nichos de emprendemento e emprego especializados e cualificados, como a industria do videoxogo ou o sector da ciberseguridade.

Podes descargar aquí o programa.

 

Comparte este artículo