O Consello Social contribúe á proxección institucional da Universidade da Coruña mediante unha política de comunicación proactiva que ten en conta as dinámicas e necesidades da sociedade da información e do coñecemento.
Para lograr este obxectivo, aproveita o potencial das redes sociais a través de diferentes ferramentas que xeran un pulso informativo continuado e fan posible o desenvolvemento dunha comunicación bidireccional coa cidadanía.