O Consello Social da Universidade da Coruña celebra o vindeiro 21 de maio ás 16:00 horas o encontro virtual ‘O futuro do traballo: o momento da verdade’ co obxectivo de ofrecer unha visión xeral de como a actual crise pode afectar ás contornas de traballo.
Antonio Abril Abadín, Presidente do Consello Social, inaugurará este evento en liña, e será o encargado de presentar a Jordi Serrano, Consultor de RRHH e Socio Fundador de Future for Work Institute. Serrano explicará aos asistentes tendencias e posibles solucións para afrontar a era laboral do COVID-19.
Este encontro intentará dar resposta a cuestións como cales son as novas formas de traballar ou que perfís destacarán, como a nova contorna afectará á xestión de recursos humanos ou se as empresas apostarán en maior medida pola intelixencia artificial e a dixitalización. Ademais, contarase cun chat para realizar preguntas e compartir coñecemento en directo.
Podes atopar máis información sobre esta xornada virtual nesta ligazón.
Inscríbete aquí para participa