“Folla de ruta para mellorar a cooperación entre universidades, investigación e empresa en España”

“Folla de ruta para mellorar a cooperación entre universidades, investigación e empresa en España”

A OCDE, en colaboración coa Comisión Europea e os ministerios de Ciencia e Innovación e Universidades iniciou o luns 7 de setembro os traballos previos para a elaboración da “Folla de ruta para mellorar a cooperación entre universidades, investigación e empresa en España”.

O proxecto, financiado pola Unión Europea a través do seu Programa de Apoio ás Reformas Estruturais, teñen por obxectivo desenvolver reformas que contribúan a mellorar o funcionamento do sistema español de ciencia e innovación a través de un dos seus piares clave, a transmisión do coñecemento xerando nas universidades e organismos públicos de investigación e promover a súa interacción coas empresas e a sociedade en xeral.

A reunión virtual congregou a medio centenar de axentes clave de universidades, organismos públicos de investigación e empresas en España, que se distribuirán en grupos de traballo ao longo dos vindeiros meses co obxectivo de rematar o documento en novembro de 2021.

Antonio Abril Abadín, presidente da Comisión Universidade-Empresa da Cámara de Comercio de España, do Consello Social da Universidade da Coruña e da Conferencia de Consellos Sociais das Universidades Españolas, aludiu tamén a súa pertenza aos padroados das fundacións Coñecemento e Desenvolvemento (CyD) e Gadea pola Ciencia, resaltando que teñen, na súa razón de ser e existir, o fomento da transferencia dos resultados da investigación do sector público á empresa. Recordou durante a súa intervención que “os países máis ricos o son precisamente porque son os que máis investiron en Ciencia e Investigación, mentres que en España existe un déficit histórico de gasto en educación e universidades”. “A ciencia é moi rendible e necesitamos, hoxe máis que nunca, que sexa o verdadeiro motor da economía”, engadiu. Pediu que a metodoloxía do proxecto analice os casos de éxito de xestión competitiva e meritocrática da Ciencia en España, citando a Alianza SOMMA de Centros de excelencia Severo Ochoa e María de Maeztu, ICREA e IKERBASQUE así como casos de mellores prácticas de relación universidad-empresa, entre os que citou o programa InTalent Inditex-UDC. Concluíu que a mellora da I+D+i en España pasa por mellorar o compromiso da sociedade coa universidade pública mediante a reforma da gobernanza e o incremento do financiamento. 

Antonio Abril formará parte do equipo de traballo que contará coa participación activa de representantes de diferentes ministerios e organismos gobernamentais, comunidades autónomas, universidades, organismos públicos de investigación, asociacións empresariais, sindicatos e organizacións profesionais.

O encontro foi inaugurado por Teresa Riesgo Alcaide, Secretaria Xeral de Innovación do Ministerio de Ciencia e Innovación, que destacou a importancia de que España participe nun proxecto deste tipo. Pola súa parte, Patricia Pérez-Gómez, Responsable de Área de Educación e Coordinadora para España da Dirección Xeral de Apoio ás Reformas Estruturais da Comisión Europea, valorou moi positivamente “os esforzos e as reformas lexislativas realizadas por España, pero aínda falta concretar medidas e xerar cambios perceptibles e por iso este programa é prioritario para a Comisión”. Igualmente, destacou o gran compromiso tanto dos ministerios implicados como do equipo de traballo.

Pola súa banda, Fernando Galindo-Rueda, Economista principal da OCDE e responsable do proxecto presentou ao equipo técnico que o vai a desenvolver, agradecendo as contribucións dos participantes, animando para “ter a confianza precisa para compartir as súas experiencias e os problemas que atopen e así xerar unha discusión que nos leva a conclusións que merecen a pena”.

A folla de ruta resultante dos traballos, que se desenvolverá nos vindeiros meses, contará con medidas concretas e aplicables para mellorar a colaboración entre a investigación pública e o sector empresarial en España, así como unha serie de indicadores para supervisar e avaliar a súa implementación. Entre as propostas esta a aplicación no marco do plan de acción da Estratexia Española de Ciencia, Tecnoloxía e  Innovación 2021-27.

Máis infomación aqui

Comparte este artículo

Arquivos