Grande acollida de ‘A xestión do talento ante a nova era dixital’

Grande acollida de ‘A xestión do talento ante a nova era dixital’

O Paraninfo da Reitoría da Universidade da Coruña acolleu o 4 de xullo a xornada ‘A xestión do talento ante a nova era dixital’, organizada polo Consello Social da UDC no marco do seu compromiso coa innovación, a investigación e o emprego das novas tecnoloxías no eido da Educación Superior.

O acto de apertura da xornada contou coa participación do reitor da UDC, Julio Abalde Alonso; o presidente do Consello Social, Antonio Abril Abadín; e o vicerreitor de Política Científica, Investigación e Transferencia, Salvador Naya Fernández, que destacaron a importancia da profesionalización e posta en valor do talento dos estudantes e egresados universitarios a través das novas plataformas dixitais. Neste sentido, o reitor da institución académica subliñou que “sería impensable que o currículo de calquera alumno puidérase levar a cabo sen ter en conta as redes sociais”.

O presidente do Consello Social, pola súa banda, fixo fincapé na importancia da Universidade na formación do talento das persoas. “Agora máis que nunca, nesta era dixital, resulta evidente que o cambio de modelo que ten que facer a economía española, xerando produtos e servizos competitivos nunha sociedade do coñecemento global, so se pode realizar a través do emprendemento baseado na investigación e na innovación. E nese proceso de xeración de valor teñen que estar as universidades”, engadiu.

A primeris parte da xornada acolleu as conferencias de Ignacio Villoch Bayod, director de Eventos do Centro de Innovación do BBVA, que expuxo as aprendizaxes sobre “o novo escenario dixital do talento” incluídos no seu libro “O desafía de Yago” -presentado en exclusiva durante a xornada-; Juan Carrillo García, director de contas globais en LinkedIn España e Portugal, que centrou a súa intervención na importancia da diferenciación do talento na rede social na que máis de 440 millóns de persoas “teñen e manteñen o seu perfil profesional”; e José Manuel Casado González, presidente de 2C Consulting, que explicou as claves da economía colaborativa na xestión do talento a través das novas plataformas dixitais.

Xa pola tarde, o programa contou cun obradoiro eminentemente práctico no que Eladio García Torres, cofundador e CEO de Lance Talent, compartiu cos asistentes como presentar capacidades profesionais a través de diferentes ferramentas dixitais e como localizar colaboradores con talento no entorno online.

 

Comparte este artículo

Arquivos