A Cátedra Inditex-UDC de Sustentabilidade inaugura a oitava edición do CESIS

A Cátedra Inditex-UDC de Sustentabilidade inaugura a oitava edición do CESIS

A inauguración da oitava edición do Curso de Especialización en Sustentabilidade e Innovación Social (CESIS) da Cátedra Inditex-UDC de Sustentabilidade contou esta tarde coa participación do coordinador xeral de Cruz Roja Española, Antoni Bruel i Carreras, que impartiu a primeira sesión do Ciclo de Conferencias En Código Abierto 2018/2019.

O Reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, e o Presidente do Consello Social, Antonio Abril, presidiron o acto de apertura do CESIS xunto á Vicerreitora do Campus de Ferrol e de RS, Araceli Torres e a Directora da Cátedra Inditex-UDC de Sustentabilidade, Marta Rey, que aproveitou a súa intervención para dar a benvida publicamente aos 28 alumnos e alumnas que integran a oitava promoción deste título propio de posgrao.

Baixo o título “O que non se pode facer con diñeiro”, Bruel, que previamente ao acto de apertura dirixiu unha sesión académica o alumnado do CESIS sobre o día a día das organizacións humanitarias, centrou a súa intervención nos diferentes “niveis de resposta” que se dan ante situacións de “especial vulnerabilidade”. Neste sentido, o coordinador xeral de Cruz Roja Española fixo fincapé na participación desinteresada dos propios veciños, por exemplo, ante emerxencias como as que pode ocasionar un terremoto. Con ou sen formación específica, e mentras non chegan os seguintes eslabóns da cadea (organizacións e servizos de atención especializada), “ao espíritu cidadán súmase unha predisposición ao aprendizaxe que permite axudar a través de formas adecuadas”, apuntou.

Durante a súa intervención, tanto o Reitor como o Presidente do Consello Social suliñaron a labor de organizacións como Cruz Roja Española, destacaron a importancia da colaboración Universidade – Empresa na formación, investigación e transferencia de coñecemento e lembraron o papel da propia Cátedra Inditex-UDC de Sustentabilidade (anteriormente Responsabilidade Social) como modelo.

Comparte este artículo

Arquivos