Laboralia 2019 pondrá sobre la mesa los retos y oportunidades de la revolución tecnológica el próximo 25 de abril

Laboralia 2019 pondrá sobre la mesa los retos y oportunidades de la revolución tecnológica el próximo 25 de abril

O Consello Social da Universidade da Coruña organiza unha nova edición do programa formativo Laboralia, que se desenvolverá entre o 23 e o 25 de abril na Sede Afundación A Coruña.

Profesionais con perfís tecnolóxicos e directivos que traballan a diario en recoñecidas empresas vinculadas aos sectores máis punteiros exporán en Laboralia 2019 os retos e oportunidades da revolución tecnolóxica no eido da edicación e o emprego. Así, durante o 23 e 24 de abril terán lugar obradoiros sobre Intelixencia Artificial, Internet das cousas e ciberseguridade a cargo de Fran Ramírez, security researcher en Telefónica Digital; Carmen Torrano, senior researcher en Eleven Paths; Álvaro Núñez Romero, membro de Eleven Paths e de Hackers Club Academy; e Pablo González, ethical hacker business manager en Telefónica Digital España.

O futuro xa está aquí

Baixo o título “Retos e oportunidades da revolución tecnolóxica: educación e emprego”, o auditorio da Sede Afundación A Coruña acollerá o 25 de abril, entre as 18 e as 21 horas, unha mesa redonda que contará coa participación de Julio Abalde Alonso, reitor da Universidade da Coruña; Antonio Abril Abadín, presidente do Consello Social da UDC e da Conferencia de Consellos Sociais de Universidades Españolas; Ignacio Villoch Bayod, ecosystem builder, data & open innovation BBVA; Javier Martínez, director do equipo de Preventa de Google Cloud en Iberia; e Mónica Villas Olmeda, exdirectora de Tecnoloxía de IBM España, Portugal, Grecia e Israel.

Os interesados en asistir á xornada do 25 de abril poden inscribirse aquí.

 

Comparte este artículo

Arquivos