El presidente de Médicos Sin Fronteras participa en el ciclo ‘En Código Abierto’

O salón de graos da Facultade de Economía e Empresa acollerá, o mércores 4 de maio ás 19.30 horas, a segunda conferencia do ciclo ‘En Código Abierto’ da Cátedra Inditex-UDC de RS, que correrá a cargo do presidente de Médicos Sin Fronteras España, José Antonio Bastos. Ademais do doutor especializado en medicina familiar, enfermidades tropicais e saúde pública de países en desenvolvemento, o acto contará coa participación do presidente do Consello Social da Universidade da Coruña, Antonio Abril Abadín; a vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, Araceli Torres Miño; o decano da Facultade de Economía e Empresa, Anxo Calvo Silvosa; e a directora da Cátedra Inditex-UDC de RS, Marta Rey García.

Os interesados en asistir deberán remitir un correo electrónico á dirección secretaria.csocial@udc.es confirmando a súa asistencia. Ao finalizar o acto, farase entrega dun certificado aos asistentes previamente inscritos.

O currículum completo de José Antonio Bastos pode descargarse aquí.

Comparte este artículo