Entrevista a Manuel Pizarro, presidente da Conferencia de Consellos Sociales

Entrevista a Manuel Pizarro, presidente da Conferencia de Consellos Sociales

Manuel Pizarro é licenciado en Dereito pola Universidade Complutense de Madrid, avogado do Estado e académico de número da Real Academia de Xurisprudencia e Lexislación e da Real Academia de Ciencias Económicas e Financeiras. Conselleiro de El Corte Inglés, foi presidente de Endesa, da Bolsa de Madrid e de Ibercaja. Dende marzo do 2010 é o presidente do Consello Social da Universidade Autónoma de Madrid e agora foi nomeado novo presidente da Conferencia de Consellos Sociais das Universidades Españolas.

Pizarro, nunha entrevista na páxina web do Campus Internacional de Excelencia da Universidade Autónoma de Madrid (UAM) e o CSIC, destaca a principal función da Conferencia de Consellos Sociais como a unión dos consellos sociais das universidades españolas para tratar temáticas de interese común. “A CCS constituíuse no 2005 co obxectivo de facilitar a colaboración entre os diferentes consellos sociais e promover o diálogo e a reflexión sobre a educación superior. A súa finalidade principal é unir forzas para impulsar políticas que reforcen o papel social das universidades públicas españolas”, explica Manuel Pizarro.

 

Entrevista completa

Comparte este artículo

Arquivos