José Antonio Bastos destaca a Responsabilidade Social de MSF

O salón de graos da Facultade de Economía e Empresa da Universidade da Coruña acolleu o pasado 4 de maio a segunda conferencia do ciclo ‘En Código Abierto’ do curso 2015-2016, a cargo do presidente de Médicos Sin Fronteras España, José Antonio Bastos. O acto contou ademais coas intervencións do presidente do Consello Social da UDC, Antonio Abril Abadín; a vicerreitora do Campus de Ferrol e de Responsabilidade Social, Araceli Torres Miño; o decano da Facultade de Economía e Empresa, Anxo Calvo Silvosa; e a directora da Cátedra Inditex-UDC, Marta Rey García.

Coa conferencia “Retos para a Acción Social de Médicos Sin Fronteras hoxe”, José Antonio Bastos destacou a importancia da RS: “A responsabilidade social non se exerce facendo algo bonito, a carón do obxectivo da túa organización, senón a conciencia”, apostillou. O médico aragonés especializouse como profesional da salúde nos eidos da medicina familiar, as enfermidades tropicais e a salúde pública de países en desenvolvemento.

Bastos, que forma parte da familia humanitaria de Médicos Sin Fronteras desde hai 25 anos, comenzou a súa colaboración coa ONG que agora preside durante a Guerra do Golfo, asistindo aos refuxiados kurdos na fronteira entre Turquía e Irak. Desde entón, coordinou múltiples misións en rexións en situación de emerxencia por epidemias, fame negra e guerras, en países como Bolivia, Somalia, Kenia, Sudán, Ruanda, Tanzania e República Democrática del Congo, entre outros.

Tanto o presidente do Consello Social e a vicerreitora do Campus de Ferrol e de RS, como o decano da Facultade de Economía e Empresa e a directora da Cátedra Inditex-UDC, aproveitaron a súa intervención para aplaudir a labor humanitaria de Médicos Sin Fronteras e agradecer ao presidente da organización en España que dedicara “toda a súa vida profesional a aliviar o sufrimento”.

Comparte este artículo