A Cátedra Inditex-UDC clausura a quinta edición do CERIS o vindeiro 10 de xuño

O Paraninfo da Reitoría da Universidade da Coruña acollerá o vindeiro venres 10 de xuño, ás 13.00 horas, a clausura da quinta edición do Curso de Especialización en Responsabilidad e Innovación Social (CERIS) da Cátedra Inditex-UDC de RS. O acto contará coa terceira conferencia do ciclo ‘En Código Abierto’ 2016, que, baixo o título “Transformando la industria textil global a través de las relaciones industriales en la cadena de suministro”, correrá a cargo da direitora do sector do textil e confección de IndustriALL Global Union, Christina Hajagos-Clausen.

O acto de clausura contará coa participación do reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde Alonso; o presidente do Consello Social da UDC, Antonio Abril Abadín; a vicerreitora do Campus de Ferrol e de Responsabilidade Social da UDC, Araceli Torres Miño; o decano da Facultade de Economía e Empresa, Anxo Calvo Silvosa; e a direitora da Cátedra Inditex-UDC de RS, Marta Rey García.

Os interesados en asistir deberán remitir un correo electrónico á dirección secretaria.csocial@udc.es confirmando a súa asistencia antes do mércores 8 de xuño. Ao finalizar o acto, entregarase un certificado aos asistentes previamente inscritos.

Comparte este artículo