Os Premios Consello Social UDC 2019-2020 recoñecen a innovación na xestión sostible da auga

Os Premios Consello Social UDC 2019-2020 recoñecen a innovación na xestión sostible da auga

A auga e o compromiso coa sustentabilidade, a innovación e a xestión deste recurso foron os protagonistas da entrega dos Premios Consello Social UDC 2019-2020 que outorga o Consello Social da Universidade da Coruña.

O acto, celebrado na sede do Consello Social situada no Centro Universitario de Riazor, estivo presidido polo presidente do Consello Social, Antonio Abril Abadín; o reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde Alonso, e a alcaldesa da Coruña, Inés Rey.

Os galardóns, que recoñecen a posta en valor do coñecemento xerado desde a institución académica cara á sociedade, recaeron este ano en Emalcsa como Premio Confianza UDC, GEAMA como Premio Impulso UDC e BIMA como Premio Emprende UDC.

O presidente do Consello Social, Antonio Abril Abadín, destacou no seu discurso o compromiso da entidade que dirixe coa promoción da investigación e a innovación universitaria, a súa transferencia de coñecemento ó sector produtivo e co emprendemento necesario para o benestar social. “Estes premios pretenden impulsar cada un destes obxectivos, resumen a razón de ser do Consello Social na promoción da terceira misión universitaria”, asegurou.

Pola súa parte, a alcaldesa de A Coruña, Inés Rey, agradeceu o recoñecemento a Emalcsa, inmersa na modernización e dixitalización dos seus servizos, y ensalzou “a colaboración entre a UDC y a empresa municipal de augas como referente da xeración de sinerxias dos recursos públicos”.

El reitor da UDC, Julio Abalde, salientou o traballo que desenvolve o Consello Social por actuar coma ponte entre a universidade e a sociedade e “a súa contribución para que o traballo e as actividades de grupos investigadores, empresas e iniciativas emprendedoras sexa recoñecida a nivel social”.

Galardoados inmersos no mundo da auga

O director xeral de Emalcsa, Jaime Castiñeira, recolleu o Premio Confianza UDC que recoñece o seu compromiso e colaboración coa institución académica coruñesa. En dous anos, Emalcsa achegou máis dun millón de euros para diferentes accións e proxectos investigadores.

A compañía municipal de augas impulsou dez proxectos de investigación relacionados coa xestión sostible da auga, un dos piares da súa actividade, que foron desenvolvidos por grupos da Universidade da Coruña. Un exemplo é o ‘Plan ECAD: deseño, desenvolvemento e implementación do Módulo Experimental DUSA 3’ realizado por GEAMA.

Co seu apoio desenvolvéronse tamén oito actividades na área de docencia e extensión universitaria e que se enmarcan na Cátedra Emalcsa, da que é promotora.

O Grupo de Enxeñaría da Auga e do Medio Ambiente (GEAMA) recibiu o Premio Impulso UDC nas mans do seu coordinador, Luis Cea. GEAMA destacou entre as seis candidaturas presentadas como o grupo de investigación máis competitivo da institución académica.

Conformado por 35 membros entre persoal docente e investigador, desenvolveron ao longo destes dous anos 69 contratos con entidades públicas e empresas privadas –Repsol, Endesa ou Emalcsa- amosando unha extensa actividade na transferencia de coñecemento. Participou, ademais, en 26 proxectos de investigación competitivos.

No seu conxunto, GEAMA logrou captar un financiamento superior aos oito millóns de euros e tomar parte en traballos de ámbito internacional como o AA-Floods, relacionado co desenvolvemento de ferramentas en prevención, alerta e xestión de emerxencia por inundacións e financiado polo Programa Interreg Atlantic Area.

O cofundador de Bioloxía e Información Marítima Ártabra (BIMA), Iván García Queijo, recolleu o Premio Emprende UDC á idea emprendedora máis innovadora. Formada por dous titulados da institución académica, un biólogo mariño e un enxeñeiro náutico, incorpora a tecnoloxía SIG ao medio mariño e en sectores como a pesca ou operacións portuarias.

Este proxecto, que pasou polo Viveiro de empresas da UDC e que xa ten entre os seus clientes ao Centro Tecnolóxico do Mar (CETMAR), permite converter grandes bases de datos nun mapeado visual e xeoreferenciado. No ano de actividade proclamouse gañador local do Programa “Explorer-Jóvenes con Ideas’ patrocinado por Santander – CISE.

Comparte este artículo

Arquivos