O Pleno do Consello Social aproba a Memoria de Sustentabilidade 21/22 da UDC

O Pleno do Consello Social aproba a Memoria de Sustentabilidade 21/22 da UDC

O Pleno do Consello Social da Universidade da Coruña (UDC), reunido na súa terceira sesión ordinaria do ano no Salón de Plenos do Centro Universitario de Riazor, aprobou por unanimidade a Memoria de Sustentabilidade da institución académica coruñesa, documento que recolle a achega da UDC á súa contorna durante o curso2021-2022.

Os membros do Pleno tamén deron luz verde á creación da Sociedade Xestora da Cidade das TIC, S.L., e á modificación das condicións da cesión do Pavillón número 2 da Cidade dás TIC ao Centro de Servizos Avanzados, S.L., primeiro edificio do complexo inaugurado hai unhas semanas.

Presentación da Memoria da Valedora Universitaria

Nesta sesión ordinaria, presentouse a Memoria da Valedora Universitaria 2021-2022 e a Universidade informou o Pleno sobre o nivel de execución orzamentaria e os convenios aprobados en Consello de Goberno.

Ademais, aprobáronse a actualización dos prezos públicos dos títulos propios da UDC; a proposta de complemento retributivo autonómico de recoñecemento polo labor docente e investigador na Convocatoria B-22 trala resolución dun recurso de reposición interposto polos interesados; a proposta de complemento retributivo autonómico de recoñecemento polos cargos de xestión a profesores da UDC (Convocatoria B-22); e as tres modificacións orzamentarias do Capítulo VI, correspondentes a Gastos de Capital, ao Capítulo II (Gastos correntes) do orzamento da UDC.

Comparte este artículo

Arquivos