Segunda reunión del año de la Comisión Ejecutiva del Consello Social

Segunda reunión del año de la Comisión Ejecutiva del Consello Social

A Comisión Executiva do Consello Social da Universidade da Coruña, que se encarga da xestión ordinaria da súa actividade, reuniuse na tarde de onte para abordar asuntos da actualidade universitaria. En primeiro lugar, Antonio Abril, presidente do Consello Social da UDC, realizou un informe de actividades da institución dende a anterior cita, celebrada o 21 de xaneiro de 2015. A continuación abordáronse os seguintes puntos:

  • Emisión de informe sobre o proxecto de decreto polo que se fixan os prezos correspondentes aos estudos que conducen á obtención de títulos oficiais na ensinanza universitaria para o curso académico 2015-2016. Segundo proposta da Xunta de Galicia, que será trasladada ao Consello Galego de Universidades para que o debata na súa vindeira reunión, preténdese unha conxelación das mesmas.
  • Proposta de contratación de auditoría para exame de contas anuais da UDC, que solicitará ofertas públicas.
  • Aprobación da creación da Empresa de Base Tecnolóxica (EBT) “Instituto Galego de Estimulación Cerebral (IGAEC)” a cargo dun docente da UDC e cunha aportación de capital da Universidade. A Comisión Executiva escoitou a presentación e defensa do proxecto por parte dun técnico da Oficina de Transferencia de Resultados de Investigación (OTRI), que tutelou o proceso.
  • Aceptación da doazón do fondo bibliográfico de María Wonenburger á UDC. O legado documental da matemática e investigadora coruñesa quedará a cargo da Universidade e dos seus profesionais.
  • Asignación de complemento autonómico por labores docentes e investigadores a profesores da UDC.
  • Presentación da páxina web do Consello Social da UDC a cargo do director técnico do Consello Social e do equipo de comunicación.
Comparte este artículo

Arquivos