Antonio Abril sinala as limitacións dos consellos sociais

Antonio Abril sinala as limitacións dos consellos sociais

O presidente do Consello Social da Universidade da Coruña (UDC) participou nos actos do 30º aniversario do Consello Social da Universidade de Córdoba. Antonio Abril, na súa calidade de presidente da comisión académica da Conferencia de Consellos Sociais das Universidades Españolas, concedeu unha entrevista para o libro “Tres décadas de compromiso”, editado polo Consello Social da universidade andaluza. Nas súas páxinas recolle reflexións sobre a importancia dos consellos sociales e que a falta de coherencia lexislativa e de incorreccións en materia de atribucións e procesos de decisión impiden un desempeño eficaz.

Na entrevista, Antonio Abril destaca que “os consellos sociais aínda teñen grandes limitacións para cumprir adecuadamente a súa misión, e iso débese en boa parte á flagrante contradición que existe entre as súas atribucións teóricas e as súas capacidades reais de intervención na actividade universitaria”. Así mesmo sinala que os consellos sociais están desempeñando as súas funcións “dentro do seu estreito marxe de actuación. Os fins esenciais dos consellos sociais son a supervisión da actividade universitaria e a promoción da colaboración da sociedade coa universidade. Tanto nunha como noutra dirección, estes órganos veñen desempeñando os seus cometidos cada vez con maior eficacia, acadando o pleno recoñecemento do seu labor e mellorando notablemente o seu funcionamento interno.

Entrevista completa aquí.

 

Comparte este artículo

Arquivos