Debate sobre o impacto territorial das universidades españolas

Debate sobre o impacto territorial das universidades españolas

O vicepresidente da Conferencia de Consejos Sociales de las Universidades Españolas, Julio Revilla Saavedra, clausurou o curso sobre Impacto Territorial das Universidades, organizado pola Universidade Internacional Menéndez Pelayo (UIMP) o pasado 1 e 2 de setembro en Santander. No seu discurso, Revilla destacou a necesidade de que as universidades “sexan máis permeables ás demandas sociais, ós requerimentos do mercado laboral e o fomento da emprendeduría e o desenvolvemento empresarial” como parte do cambio estrutural das universidades que demanda a sociedade.

Abordar a relevancia social da universidade e o impacto sobre o territorio no que se atopa, así como identificar as relación que se xeneran, era o obxectivo do encontró organizado pola UIMP e no que se desenvolveron ponencias e foros abertos nos que se trataron temas vinculados á universidade, como a cultura, o deporte, o desenvolvemento urbano, a discapacidade, a innovación, a competitividade, o desenbolvemento ou o emprendemento e o empleo. Neste sentido, o vicepresidente da Conferencia de Consejos Sociales de las Universidades Españolas adicou a súa intervención na clausura da xornada a exponer os “múltiples efectos que xeran as universidades nos seus territorios” e apuntou algún dos retos ós que, dende a perspectiva dos consellos sociais das universidades españolas, debe respostarse a fin de mellorar non so o impacto territorial, senon tamén todo o desenvolvemento interno e a proxección exterior das universidades.

Consulte o discurso completo de Julio Revilla Saavedra aquí.

Comparte este artículo

Arquivos