Qué agardan os estudantes das universidades socialmente responsables?

Qué agardan os estudantes das universidades socialmente responsables?

A Fundación Conocimiento y Desarrollo (CyD) fixo público o pasado 15 de setembro o estudo “¿Qué esperan los estudiantes de las universidades socialmente responsables? Propuesta de un cuadro de mando orientado a sus expectativas”, dirixido por Marta Rey García, profesora da Área de Comercialización e Investigación de Mercados da Facultade de Economía e Empresa da Universidade da Coruña (UDC), e Directora da Cátedra Inditex-UDC de Responsabilidade Social, e no que participaron como coautoras Ana Felgueiras e Noelia Salido Andrés, integrantes do Equipo de Investigación da Cátedra.

A elaboración deste estudo foi posible grazas á colaboración dos alumni do Curso de Especialización en Responsabilidade e Innovación Social (CERIS) organizado anualmente pola Cátedra Inditex-UDC de RS. O estudo aborda, dende unha perspectiva empírica, cuestións de gran relevancia para o debate universitario que ata agora recibirán escasa atención por parte da literatura dispoñible sobre responsabilidade social universitaria, tales como: Que agardan os estudantes das universidades socialmente responsables?, por que as expectativas dos alumnos son relevantes?, como poden as universidades mellorar a súa capacidade de resposta ante as expectativas deste grupo de interés prioritario?

Os resultados do estudo, ademais de identificar as expectativas dos estudiantes sobre o que debería ser unha universidade socialmente responsable, sitúan ós estudantes como grupo de interese prioritario para a mellora do desempeño das universidades españolas neste ámbito.

No eido da práctica, o estudo propón e xustifica empíricamente unha sinxela ferramenta de xestión orientada á satisfacción das expectativas deste colectivo. A implantación deste cadro de mando facilitaría ás universidades a toma de decisións estratéxicas pola súa utilidade para favorecer a integración da responsabilidade social nos seus modelos de goberno e dirección.

O estudo conclúe recomendando o reforzo do compromiso dos estudantes coas políticas de mellora continua de cada universidade, mediante o deseño e posta en práctica de estratexias de marketing interno e externo orientadas á transformación social. Deste xeito, as universidades socialmente responsables avanzarían en paralelo na efectiva implantación, e consolidación, dos seus sistemas de goberno e xestión estratéxica, así como na orientación das políticas universitarias cara a satisfacción dos intereses e inquietudes dos estudantes e da sociedade en xeral.

Este estudo é o resultado da actividade investigadora desenvolvida pola Cátedra Inditex-UDC de RS, creada no ano 2011 como espazo de reflexión comunitaria, formación académica e investigación aplicada sobre as distintas dimensións da RS das administración e organismos públicos, as universidades, as empresas e as entidades non lucrativas. A súa elaboración foi posible grazas ó apoio da Fundación CyD.

Acceda ó contido do estudo aquí.

Comparte este artículo

Arquivos