O Consello Social da UDC e Sngular TeamLabs poñen en marcha o programa AddVenture para o fomento do emprendemento baseado nas TIC
web-addventure

O Consello Social da UDC e Sngular TeamLabs poñen en marcha o programa AddVenture para o fomento do emprendemento baseado nas TIC

O Consello Social de la Universidade da Coruña (UDC) e a joint venture Sngular TeamLabs, a unión entre o laboratorio de aprendizaxe radical TeamLabs e o ecosistema dixital Sngular, poñen en marcha AddVenture, o primeiro programa de fomento do emprendemento baseado nas TIC e na transformación dixital de microempresas da Universidade da Coruña.

O programa está dirixido a persoas que obtiveran un título universitario nos últimos 3 anos, microempresas (menos de 10 traballadores), traballadores e profesionais autónomos das áreas metropolitanas de A Coruña e Ferrol, cunha idea de negocio innovadora ou intención de redefinir o seu modelo de negocio sobre a base das TIC.

Addventure terá unha duración de dous meses –desde finais de marzo a finais de maio– e contará con expertos en innovación, transformación dixital, e-commerce e emprendemento. Con esta proposta, o Consello Social da UDC e Sngular TeamLabs pretenden contribuír a mitigar os efectos socioeconómicos negativos derivados da pandemia que afectan ao pequeno comercio e impulsar o emprendemento entre a mocidade titulada universitaria.

AddVenture é un programa de formación learning by doing. Fomentará a adquisición de aprendizaxes prácticos e aplicados ao desenvolvemento dun proxecto empresarial real apoiándose na tecnoloxía ao servicio do aprendizaxe y no adestramento das competencias necesarias para emprender e liderar un negocio. Farao a través das 5 “Radical Learning Tools” que dan forma ao marco de aprendizaxe desenvolvido por Sngular TeamLabs.

Combinará modalidade virtual e presencial, se a situación derivada da pandemia o permite. De non ser así, levarase a cabo 100% online.

Aberta a inscrición en addventure.com

A inscrición para participar no programa está aberta desde esta semana e ata o 12 de marzo en addventureudc.com

As prazas son limitadas (30). A matrícula por docencia para o alumnado está bonificada ao 100% polo Consello Social da UDC e, polo tanto, exenta de pago. Os admitidos tan so deberán aboar un importe total de 90 euros en concepto de apertura de expediente e servizos administrativos.

AddVenture tratará aspectos relacionados con: identificación de necesidades; definición de obxectivos do negocio; desenvolvemento de follas de ruta, optimización de recursos e uso de metodoloxías áxiles; canais de venta dixitais; modelos de negocio disruptivos; competencias en data science e intelixencia artificial; xestión do talento; estratexias de venda y de levantamento de capital; e asesoramento nunha rolda de financiación simulada.

A través do traballo en equipo e ao final do programa, os participantes contarán coa validación dun modelo de negocio e unha proposta de valor escalable, que incluirá unha estratexia de marketing dixital. Ademais, dominarán o uso de ferramentas que permitirán optimizar procesos e acceder a financiamento externo.

Comparte este artículo

Arquivos