Entrevista a Peter McAllister, director da Ethical Trading Initiative (ETI)

Entrevista a Peter McAllister, director da Ethical Trading Initiative (ETI)

O título da súa conferencia do ciclo de conferencias da Cátedra Inditex-UDC de Responsabilidade Social foi “A Responsabilidade Social no corazón da empresa sostible”. Cal é segundo vostede ese modelo de empresa sostible?

Creo que a definición ampla de desenvolvemento sostible está ben entendida, é dicir, que “o desenvolvemento sostible é o tipo de desenvolvemento que satisfai as necesidades do presente sen comprometer a capacidade das xeracións futuras para satisfacer as súas propias necesidades”. No contexto da empresa isto pódese entender en termos de como esta emprega e contribúe aos recursos, a través do uso eficiente da enerxía, a reciclaxe, o uso de materiais reciclables e o concepto de produto circular. Ademais, necesita considerar o seu impacto sobre as persoas de tal maneira que a empresa teña ao menos un impacto beneficioso nas persoas, xa sexan empregados, os que poidan estar na cadea de subministración, en comunidades locais ou os consumidores. Creemos que no contexto do lugar de traballo, este modelo debe, como mínimo, respectar os dereitos fundamentais do traballo, pero en certos sectores tales como confección e téxtil, por exemplo, existe a oportunidade de contribuír a través da capacitación, o desenvolvemento de habilidades e o crecemento económico para as mulleres, por exemplo.

Desde a ETI defende a necesidade de incorporar unha estratexia na que todos os grupos de interese deberían participar en potenciar a reputación empresarial. Polo tanto, ¿á a RSE cousa de todos?

Cremos que en calidade de responsabilidade social, si é un elemento clave da sustentabilidade, e se unha empresa é seria nestes termos, a conversación pódese ir formando como a maior estratexia da empresa. facer que a responsabilidade social se converta nunha cuestión estratéxica significa que polo menos pertenza á xunta directiva e á alta dirección, e é ,moito máis propensa a facer partícipe a unha variedade de persoas dentro dunha empresa en lugar de ser asignada a un departamento. É máis probable que isto logre resultados a nivel estratéxico e que polo tanto beneficie á empresa.

Un dos grupos de interese máis importantes son os propios traballadores, como participan e como deberían estar presentes nesa estratexia de xestión?

Os traballadores son un recurso moi importante para practicamente calquera negocio, de modo que sacarlle proveito aos recursos, ás súas ideas, preocupacións e o seu potencial para ser parte dun cambio feito realidade, en lugar de receptores, ten sentido empresarial. Onde hai unha forza de traballo sindicada ten sentido comprometerse cos representantes sindicais que poden traballar facilmente na participación cos seus membros. Cando non hai presenza sindical, entón será necesario ser valente e creativo co compromiso cos traballadores. Se isto non é unha norma dentro dunha empresa, entón a miúdo prodúcese unha etapa, tanto para a administración como para os traballadores, destinada a aprender a debater temas relevantes, asegurando que todos, tanto traballadores como administración, podan contribuír á orde do día e ao mesmo tempo non xerar expectativas excesivas. As oportunidades para un diálogo permanente significativo deben ser parte de calquera negocio, pero en particular cando se precisan cambios e se presentan retos.

Onde se atopa a maior vulnerabilidade dos traballadores? En que aspecto e en que sectores?

Dependendo de onde se mire, hai moitas respostas a esta pregunta. Con demasiada frecuencia as mulleres son máis vulnerables que os homes, pero hai moitas situacións nas que os homes se senten incapaces de actuar e son obrigados a traballar de forma que resultan explotados. En certo sentido, calquera situación na que os traballadores non sexan capaces de expresar as súas preocupacións de maneira construtiva e sen temor, serán vulnerables a ser explotados. En demasiados lugares a dirección aínda ve calquera voz ou disentir dos traballadores como unha ameaza e non como unha oportunidade para o compromiso.

Leva loitando polos dereitos dos traballadores hai máis de 20 anos. Fíxoo desde ONGs, e en zonas como África occidental, India… Pero a integridade laboral písase en moitos outros lugares do chamado primeiro mundo. Que pensa desta situación?

Lamento moito dicir que, se ben durante moitos anos eu asumirá que Europa, aínda que non é perfecta, estaba máis alá da explotación laboral, nos últimos 10 anos vimos demasiados exemplos de novas formas de explotación nas nosas portas. Parte disto xurde da economía cambiante que conduce ao crecemento do traballo temporal en lugar de contratos a tempo completo; tamén é pola presión sobre os custos que significa que en moitos sectores o salario mínimo se converta na norma en lugar de nun chan e, ademais de todo isto, vemos demasiadas situación nas que os intermediarios laborais, e incluso en ocasións empregadores en Europa, están realmente dispostos a quebrantar a lei e explotar aos traballadores. É evidente que esta non é a visión de Europa que a todos nos gusta ter, e desafíanos a preocuparnos non so polos traballadores de fábricas afastadas, senón tamén a duplicar os nosos esforzos en mirar máis preto de casa. Existen algunhas iniciativas positivas que buscan facer ilegais algunhas formas modernas de escravitude, ou un liderado máis forte da Comisión, pero aínda hai unha crenza común de que os problemas están noutro lugar.

Actualmente, España enfróntase a un cambio político, con partidos emerxentes que avogan por unha economía máis social e colaboradora, incluso baseada na solidarizade. É unha utopía ou podería ser posible levala a cabo?

Resúltame difícil, como inglés que son, ofrecer comentarios sobre o que é apropiado para calquera outro país que encaixe ben coa súa cultura e preocupacións contemporáneas. Non creo que ningún dos extremos sexa ideal; nin permitir ás empresas unha total flexibilidade para “facer cartos” con pouca regulación, nin tampouco creo que haxa habido ningún exemplo que podamos sinalar onde as economías estatais demostraran a capacidade de ser tan creativas no seu aproveitamento dos recursos e das persoas como demostran as empresas privadas. Eu penso que estamos no punto no que o debate, posterior á crise de 2008, xira en torno a como podemos aproveitar o desexo natural do ser humano de emprender, inventar, crear e tomar riscos, pero nun marco onde os excesos estean limitados e os resultados sirvan a un desenvolvemento sostible.

Mostrase satisfeito cos principios reitores da ONU, que poñen o centro de responsabilidade do cumprimento dos dereitos dos traballadores nos gobernos. E que prima o medo á sanción sobre a ética e o sentido común?

O primeiro piar responsabiliza claramente aos gobernos de protexer aos seus cidadáns. Deberían facer isto mediante o establecemento de leis apropiadas e a aplicación destas de forma efectiva. Unhas leis adecuadas deberían cubrir unha protección social ademais dunha lexislación do lugar de traballo, unha planificación, etc. Sen embargo, isto non pode ser predictivo de cada circunstancia e aínda debemos alentar e apoiar unha cultura de ética e de sentido común para os negocios, de modo que no respecto das leis (e dos dereitos humanos) se alente e e apoie ás empresas a que actúen con responsabilidade.

Participou nun ciclo de conferencias no marco da Cátedra de Responsabilidade Social Corporativa, que pecha un curso de posgrao nesta materia. Díganos a súa opinión sobre a importancia da formación en Responsabilidade Social.

A educación é a base de tanto esforzo humano. Dado que a Responsabilidade Social é aínda unha ciencia xove, é vital que os cursos coma o que se imparte na Universidade da Coruña axuden a preparar aos que van influír neste tema e asumir a responsabilidade da súa execución. O que me pareceu particularmente interesante foi o grao de apertura do curso ao dispoñer dunha grande cantidade de diferentes recursos que comprometen e estimulan aos estudantes. Estou seguro de que de feito nin eles nin todos nós deixaremos de aprender, pero o curso proporcionoulles unha excelente base.

Comparte este artículo

Arquivos