O confundador de Trucksters, Ramón Castro Neira, explicará en AddVenture as claves do seu éxito emprendedor

O confundador de Trucksters, Ramón Castro Neira, explicará en AddVenture as claves do seu éxito emprendedor

O cofundador e director de produto de Trucksters, Ramón Castro Neira, ofrecerá o xoves 19 de maio, ás 17:00 horas no hotel Attica21 Coruña, un relatorio – master class na que debullará as claves da súa traxectoria como emprendedor e do éxito da súa startup, operadora loxística que revolucionou o tradicional sector do transporte por estrada co seu innovador sistema de relevo de camións.

Este emprendedor galego foi incluído recentemente, xunto os seus socios Luis Barjadí e Gabor Balogh, na lista Forbes España 2022 ‘30 under 30’ na que se destaca á xuventude máis talentosa do territorio español.

O Consello Social da Universidade da Coruña impulsa e organiza este interesante relatorio que se enmarca dentro do seu programa de fomento do emprendemento e transformación dixital AddVenture, que está a finalizar a súa segunda edición.

A asistencia a este evento poderá ser en formato presencial ou en liña, previa inscrición en https://addventureudc.com/master-class-trucksters.

Baixo o título Emprendementos que inspiran: ‘A idea que revolucionou o sector do transporte por estrada’, Ramón Castro Neira, que tamén dirixe o hub tecnolóxico de Trucksters en Galicia, fará un percorrido pola traxectoria da compañía e as características do seu negocio que está a medrar nun sector tradicional desde unha visión innovadora, disruptiva e eficiente. Este galego, nado en Pontevedra, trasladará as claves, aprendizaxes e consellos para emprender desde a súa ampla experiencia na posta en marcha e desenvolvemento da súa exitosa empresa.

 Que é Trucksters?

Trucksters é un operador de transporte que se centra en proporcionar un servizo de transporte de longa distancia FTL a través dun innovador sistema de relevo baseado no Big data e Intelixencia artificial. Creada en 2018 por Luis Bardají Izard, Gabor Balogh y Ramón Castro, o obxectivo de Trucksters é lograr que a industria mundial do transporte de mercancías por estrada sexa máis eficiente e digna para os profesionais do sector. O servizo de transportes reduce o tempo de tránsito por estrada de longa distancia ata nun 50% ao permitir que os camións estean continuamente en movemento a través de relevos.

Comparte este artículo

Arquivos