Comeza o programa de emprendemento AddVenture coa participación de 23 alumnos

Comeza o programa de emprendemento AddVenture coa participación de 23 alumnos

A primeira edición de AddVenture, o programa de fomento do emprendemento baseado nas TIC impulsado polo Consello Social da Universidade da Coruña (UDC), comezou hoxe a súa andaina coa participación de 23 alumnos que se formarán nas competencias necesarias para desenvolver 17 proxectos empresariais e probar as súas ideas de negocio.

O presidente do Consello Social da UDC, Antonio Abril Abadín, deulle a benvida ao alumnado e animounos a poñer “esforzo, mérito, innovación e excelencia” no impulso dos seus proxectos e, como emprendedores, contribuir aó desenvolvemento económico e social. Reseñou a importancia das competencias profesionais, as soft skills, como unha das claves do éxito do emprendemento. “Desde o Consello Social da UDC cremos que a educación universitaria enfocada a competencias é un motor do emprendemento e o programa AddVenture é unha resposta práctica a este convencemento”, explicou.

Para acadar este obxectivo, a institución colabora coa joint venture Sngular Teamlabs, a unión do laboratorio de aprendizaxe radical TeamLabs e o ecosistema dixital Sngular, cun equipo de docentes e de profesionais expertos vinculados ao ámbito empresarial. Sngular Teamlabs está especializada na formación de emprendedores enfocados ao mundo dixital e conta con experiencia na colaboración con universidades.

AddVenture, que se imparte online e  baixo a metodoloxía learning by doing,  extenderase durante os vindeiros dous meses. O programa de formación tratará aspectos relacionados con: identificación de necesidades; definición de obxectivos do negocio; desenvolvemento de follas de ruta, optimización de recursos e uso de metodoloxías áxiles; canais de venta dixitais; modelos de negocio disruptivos; competencias en data science e intelixencia artificial; xestión do talento; estratexias de venda y de levantamento de capital; e asesoramento nunha rolda de financiación simulada.

A través do traballo en equipo e ao final do programa, os participantes contarán coa validación dun modelo de negocio e unha proposta de valor escalable, que incluirá una estratexia de marketing dixital. Ademais, dominarán o uso de ferramentas que les permitan optimizar procesos e acceder a financiamento externo.

Trala benvida ao curso, os alumnos asistiron a súa primeira sesión coa team coach e adestradora de equipo, Lara Larragaña, vinculado ó primeiro módulo de ‘Xeración de ideas e estratexia de produto’.

Comparte este artículo

Arquivos